XADREZ: XORNADA DE PORTAS ABERTAS
- Colexio Possumus
- 22 ene 2019
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 29 ene 2019
O xoves 29 de setembro ás 16:30 horas realizamos unha Xornada de Portas Abertas no colexio para dar a coñecer esta nova actividade extraescolar. Os nenos puideron demostrar as súas habilidades neste xogo e aprender algúns movementos novos. Temos que informar, que en cambio os pais estiveron algo tímidos e non participaron do xogo! Esperamos que ao longo do curso sexan os nenos/as os que enseñen aos seus pais/nais.
A Xornada estivo dirixida por Miguel A. Fernández, (que ademais é docente de Xadrez pola "Federación Española de Ajedrez").
Cabe destacar que Xadrez Educación é unha empresa adicada única e exclusivamente a ofrecer servizos relacionados co xadrez, principalmente en forma de actividades extraescolares e curriculares a nenos e nenas de infantil, primaria e secundaria. Contando cun equipo formado por profesionais da educación e con formación específica na docencia do xadrez.

Comentários