Colexio Possumus
Somos un colexio laico cun modelo de pedagoxía libre baseado na tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións, fomentando unha aprendizaxe solidaria e non discriminatoria.
O noso Proxecto Educativo está baseado na formación integral dos alumnos, potenciando as capacidades e destrezas propias de cada unha das etapas educativas e atendendo dun xeito especial aos nenos/as que presentan máis dificultades na aprendizaxe e na integración.
Durante o transcurso do curso realízanse saídas didáctico-culturais a lugares de interese pedagóxico e celébranse conmemoracións con carácter formativo e festivo.
O Colexio Possumus inicia a súa andaina educativa con anterioridade a 1970 ao fusionarse tres centros adicados á ensinanza. En 1983 o centro constitúe unha Sociedade Cooperativa de ensino.
O centro está integrado dentro das actividades lúdicas e culturais do noso barrio, tendo recoñecido un amplo prestixio que intentamos manter e mellorar co noso labor ao longo dos anos.
