top of page

IX CERTAME INTERCOLEXIAL DE DANZA MODERNA

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 21 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

O Colexio Possumus volveu a repetir éxito no IX Certame Intercolexial de Baile Moderno celebrado o pasado 11 de Xuño no Teatro Salesianos de Vigo e onde participaron os seguientes colexios: San Salvador de Teis, San José de La Guía, Escultor Acuña, Montesol, Chouzo, Rosalía de Castro, Calasancias, CEIP Doblada e Possumus; e como convidados especiais ao CEIP Laredo e a Dance Academy.

O labor dos nosos alumnos/as foi toda unha demostración de traballo ben feito, onde se implicaron aproximadamente 60 alumnos de idades moi variadas.

Dende o colexio queremos felicitar a:

· todo o equipo de rapaces e rapazas que "viven o baile" ao longo de todo o curso escolar,

· á ANPA do Colexio pola marabillosa planificación e organización do evento, e

· por suposto, a nosa máis sinceira felicitación e admiración á persoa que coa súa entrega, disciplina e seriedade consegue motivar aos alumnos e sorprendernos ano tras ano coas súas marabillosas coreografías.

​​

GRAZAS "PROFE" SARA!!!





Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page