UNHA NOITE NO COLE
- Colexio Possumus
- 22 ene 2019
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 29 ene 2019
Os alumnos de 1º e 2º de primaria realizaron unha ACAMPADA NOCTURNA no ximnasio do colexio.
Foi o pasado venres 23 de setembro ás 19:30 horas.
Os nenos trouxeron sacos de durmir, lanternas (non todos), algo de picar para a cea, auga, roupa cómoda (roupa de cambio por si . . .) e o que non faltou foi moita, moita ilusión.
Organizáronse xogos e terapias de relaxación.
Durmiron o que puideron (máis ben pouco!).
Pola mañá almorzaron e marcharon para casa arredor das 11:00 horas.
Foi unha experiencia fabulosa, repetirase o vindeiro curso?

Comments