top of page

UNHA HISTORIA DOS MEUS ...

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 26 nov 2018
  • 1 Min. de lectura

Os avós teñen moito que contar!!!


O venres 20 de maio tivemos un evento que incluía un encontro vital cos avós de alumnos e alumnas de 4º curso da ESO, e que xurdiu a partir dun traballo interdisciplinar de recuperación de fotografía antiga.


Durante algo máis dunha hora (e soubo a pouco!) mantivemos unha grata conversa con:

  • José Crespo Rivas (1947), que percorreu medio mundo embarcado nos anos 60;

  • Nieves Barreiro Pujol (1944), emigrante en Alemaña nos anos 70 e 80;

  • Laura Da Vila Rodríguez (1936), quen viviu en Sudáfrica en plena época do aparheid;

  • Jesús García Seoane (1933), que emigrou do rural para Vigo.

Este encontro foi aberto á comunidade escolar, e nel tivemos a sorte de contar con pais, nais e outros familiares de alumnos do centro que tiveron moito interese en acudir a coñecer as vivencias e experiencias dos nosos avós.


O encontro foi un éxito e esperamos poder repetilo o vindeiro curso. Claro está, que sen a colaboración dos avós este encontro non tería sentido. Estas experiencias non as vivimos a través dos libros de historia! e ademáis contribúen ao noso enriquecemento persoal.

Moitas grazas por compartir con nós unha pequena parte das vosas vivencias!!!



Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page