top of page

O COLEXIO NO VIKUL 16

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 26 nov 2018
  • 1 Min. de lectura

O vindeiro 17 de xullo, os alumnos/as de Baile Moderno do Colexio están convidados a actuar no 4º Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo (VIKUL 16), no Auditorio Mar de Vigo. Esta invitación foi lograda como consecuencia do esforzo e bo traballo levado a cabo ao longo do presente curso escolar, e como Premio do Xurado ao gañar o VIII Certame intercolexial de Danza Moderna celebrado o pasado 5 de xuño.

Moitos grupos de diferentes países participarán na VIKUL 16, e mentres o xurado delibera, os alumnos de Baile Moderno do noso Colexio interpretarán o baile gañador do VIII Certame, Romeo e Xulieta.

Os organizadores do evento quedaron tan abraiados pola capacidade que ten a instructora Sara para ensinar a casi 70 rapaces de diferentes idades, que foi invitada a participar de xeito gratuíto nunha "masterclass" impartida por:

  • Danielle Polanco (bailarina e coreógrafa de Janet Jackson, Beyoncé, Jenninfer López, etc.),

  • Amanda Grind (coreógrafa experta en Hip Hop) e

  • Sonia Soupha (bailarina e coreógrafa francesa) e outros máis.

​Parabéns a todos!!!



Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page