PROXECTO ATERRAXES VERDES
- Colexio Possumus
- 29 ene 2019
- 1 Min. de lectura
O noso centro foi seleccionado para participar na VI Edición do Proxecto Aterraxes Verdes promovido pola Fundación ENAIRE no Aeroporto de Vigo.
Esta proposta educativa ten como finalidade sensibilizar aos nosos alumnos sobre a importancia do control da navegación e o tráfico aéreo, e o respecto ao medio ambiente.
Este é un programa pioneiro, e está dirixido aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Os nosos alumnos pasaron o pasado 4 de outubro nas instalacións do Aeroporto de Vigo. Neste proxecto os nosos alumnos descubriron os segredos da navegación aérea: fixeron un obradoiro de robótica e un plan de voo.
Foi toda unha experiencia para os nosos alumnos!!!, e ademáis tiveron o privilexio de poder ver por dentro a Torre de Control!!

Comments