top of page

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS DO CONCELLO DE VIGO

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 21 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

O consumo de drogas constitúe un dos problemas máis importantes ao que se enfronta a sociedade actual, tanto pola súa extensión, como polas graves consecuencias individuais e sociais que conleva. Asumindo esta realidade o Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo desenvolve a nivel escolar diferentes programas preventivos, con obxectivos tan fundamentais como:

· Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os custes persoais e sociais relacionados coas drogas.

· Potenciar o desenvolvemento integral das persoas.

· Fomentar as capacidades e habilidades persoais que faciliten actitudes e comportamentos de rexeitamento ante as drogas.

· Ofrecer alternativas de vida e ocio saudables.

O colexio recibirá a visita do Equipo de Prevención coa finalidade de dotar aos mozos/as de ferramentas e factores protectores fronte ao consumo de drogas.

As charlas formativas serán impartidas en 6º de EP e en todos os cursos da ESO. O Programa terá unha duración de 4 sesións por curso, todas elas localizadas entre os meses de febreiro e marzo do 2017.

ree

Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page