PROGRAMA DE DIVULGACIÓN EN DOAZÓN E TRANSPLANTE
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Como primeiro paso no Proxecto de Centro Dar Vida... o 30 de novembro 3º e 4º da ESO recibiu unha charla formativa organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
A charla foi impartida por un profesional da coordinación de transplantes e dúas persoas que aportaron a súa experiencia vital a fin de concienciar aos nosos alumnos xerando actitudes importantes cara a súa vida futura. Unha das persoas foi un transplantado e a outra a nai dun doante (que nos emocionou a todos coa súa fortaleza).
Previa á charla, os alumnos traballaron nas aulas diferentes materiais sobre o tema.

Comentários