top of page

PLÁSTICA AO NATURAL NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 25 nov 2018
  • 1 Min. de lectura

Os alumnos de 3º ESO, visitaron o Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas , para experimentar unha clase de Plástica do “natural” . Este é un centro de exposición pensado para coñecer a xeografía das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada con recreacións audiovisuais e ambientacións diurnas e nocturnas.


As diferentes zonas expositivas permiten explorar o archipélago a través de diferentes formatos e soportes: imaxes, mapas, maquetas, proxeccións, sons e incluso esculturas nunha atmosfera envolvente repleta de estímulos sensoriais.


A clase de Plástica comezou cunha explicación do guía sobre as características do centro e do que alí se expón, e a continuación elixiron as imaxes para realizar a súa composición "in situ".


Esta clase foi todo un éxito, os alumnos gozaron dunha clase de arte especial e os resultados foron realmente fantásticos, tanto que o propio Centro ofreceuse a exponer as obras o próximo mes de maio. En breve concretaranse as datas de inicio e clausura da exposición.


Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page