top of page

OBRADOIRO DE COLONIAS E PERFUMES

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 20 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

O pasado martes día 8 de novembro os alumnos de 2º de ESO participaron nun Obradoiro de elaboración de colonias e perfumes, realizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Nunha primeira parte observaron a obtención dun hidrolato por destilación con arrastre de vapor dunha mestura de auga e menta ( Mentha piperita). O resultado: unha pequenísima porción de aceite esencial de menta e unha fracción acuosa e olorosa , o hidrolato.

A continuación, as súas pituitarias traballaron arreo para captar e distinguir diferentes aromas (aceites esenciais de limón, de laranxa, de vetiver, de lavanda…), que constitúen a base de perfumes e colonias de uso habitual. Tamén coñeceron outros métodos de extracción dos compoñentes aromáticos de especies vexetais coma o macerado en aceite ou a extracción alcohólica.


Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page