O SEGURO ESTÁ NA AULA
- Colexio Possumus
- 20 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro promovido pola Fundación Mapfre que pretendía sensibilizar aos alumnos sobre a importancia do aforro e a previsión de futuro como medida de protección fronte aos riscos e tamén proporcionar ferramentas que os convertan en cidadáns autónomos e informados.
Para a relización das actividades os alumnos contaron con tablets, cronómetros e algúns que outros elementos coma gafas escuras (que proporcionaban unha cegueira momentánez), esposas ou almofadas... Porque para aprender de seguros sempre é millor cun bo toque de humor.

Comments