O RITMO DO CAMIÑO (A TROPA DE TRAPO - ANTÍA E WAMBA CONTINÚA) - TI TAMÉN CONTAS
- Colexio Possumus
- 20 ene 2020
- 1 Min. de lectura
A Tropa de Trapo pon as historias, os alumnos de primaria as súas reflexións. E compartímolas xogando, entre todos e todas os días 8 e 9 de novembro. Porque todos contamos.
Reciclaxe, música, amizade, historias… Aldeas de xigantes, animais que cantan para entenderse, unha fonte sen auga por culpa do cu dun xigante, unha aldea que canta cun caldeiro… un príncipe triste que busca unha camisa para ser feliz, un neno que fabrica bólas e non ten siquera unha... un furacán e unha mochila de axuda... Estas historias fixeron reflexionar aos nosos alumnos/as, permitindo a súa participación no espectáculo para aprender a compartir, a afrontar os problemas con optimismo e a resolvelos.
A Tropa de Trapo comezou contando uns contos breves para traballar despois a través de xogos e dinámicas participativas os conceptos suxeridos nos contos. Tratando temas como o mundo que nos rodea:
· a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos,
· a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles…
· as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil
· a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade
Sen parar nunca o ritmo dos pés, porque neles está o ritmo do noso camiño.

Comments