MÚSICA TRADICIONAL GALEGA NO COLE DOS PEQUENOS
- Colexio Possumus
- 25 nov 2018
- 1 Min. de lectura
O 13 de maio, os pequenos do colexio tiveron unha visita moi especial, uns músicos excepcionais que tocaron temas da música tradicional galega (como a Saia da Carolina) acompañados por instrumentos tales como o bombo, a gaita o pandeiro e a pandeireta.
Tivemos o pracer de contemplar actuando ao pai e ao avó de Antón (de 5 anos) e de Xián (de 2º de primaria) xunto con un amigo destes, e á nai de Julia (de 6º de primaria) aos que lles encanta achegar a nosa tradición e cultura aos máis pequenos. Tanto primaria como infantil bailaron ao son dos seus instrumentos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

Comments