MERCADILLO SOLIDARIO: XOIAS SOLIDARIAS A PREZOS SOLIDARIOS
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Ao longo de seis semanas, alumnos voluntarios de 4º, 5º e 6º de primaria realizaron diferentes xoias artesanais baixo a batuta de Carlos Pereira, profesor da "Escuela de Joyería del Atlántico". Durante a elaboración das mesmas, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer diferentes técnicas e materiais para a fabricación das xoias.
A partir do martes 4 de abril, as xoias serán ubicadas nun posto de mercadillo no patio de infantil, onde os voluntarios "xoieiros" as venderán a prezos que varían dende os 0.50 céntimos aos 2 euros. Todo o recadado será empregado na compra de material escolar para nenos que se atopan en risco de exclusión social. Esta labor solidaria do Colexio Possumus e a "Escuela de Joyería" está apoiada por ASDEGAL, ONG declarada de utilidade pública e que recibirá de mans dos voluntarios do colexio a nosa particular doazón.
Grazas a todos pola vosa solidaridade e colaboración!

Comments