III OLIMPÍADAS DE TEIS
- Colexio Possumus
- 25 nov 2018
- 1 Min. de lectura
O sábado 30 de abril o colexio participou nas III Olimpíadas de Teis que se celebraron no Pavillón Municipal de Teis.
A ceremonia de apertura tivo lugar ás 9:30h. Neste evento participaron os colexios: Frián, San Salvador, Monte da Guía, Santa Tegra e Possumus.
Foi unha magnífica oportunidade de pasalo ben, con actuacións de baile, Spelling Bee, ximnasia rítmica, atletismo, balonmán e acrosport... e sobre todo moito, moito compañeirismo.
Os alumnos do colexio Possumus demostraron a súa valía en todas as disciplinas. Parabéns a todos os participantes!!!!!

Comments