II EDICIÓN: UNHA HISTORIA DOS MEUS...
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Dentro do proxecto de centro DAR VIDA..., e na sección de Educación Secundaria, DAR VIDA... ÁS PERSOAS, o Colexio Possumus acolle este venres, día 26, "ESTA É UNHA HISTORIA DOS MEUS", que este ano emerxe a través dun ENCONTRO COAS AVOAS por parte dos alumnos de 4º curso da ESO. Concíbese como un actividade interdisciplinar que supuxo, primeiro, unha labor de recollida e recuperación de fotografia antiga por parte do alumnado, e que culmina este venres cunha exposición dos traballos e unha mesa redonda cun grupo de avoas. Falarán da sua experiencia vital, pero tamén da Historia de preto en de boa parte do século XX vista a través dos seus ollos. Sen dúbida unha ocasión para aprender escoitando das matriarcas da familia, pero tamén para as emocións e para achegarnos e valorar un chisco máis aos nosos maiores.

Comments