IAGO ASPAS ENTREVISTADO POR ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O pasado luns 13 de febreiro, alumnos do Colexio Possumus entrevistaron a Iago Aspas nun evento organizado no Auditorio Mar de Vigo polo Faro de Vigo.
Os alumnos emocionados foron quen de formular dúas preguntas ao deportista:
· se estivese na túa man, que xogador traerías para xogar contigo no Celta? - "sen dúbida a Nolito" respondeu Aspas.
· Nos ratos que pasades nos hoteis, en que invertides o voso tempo? - "ultimamente xogamos moito a play".
Ademais da entrevista viviron en directo a creación dunha tira cómica da man do viñetista Luis Davila e asistiron á creación dunha noticia na que eles tamén eran protagonistas.
Sen dúbida unha gran experiencia para os nosos reporteiros, que viviron o acontecemento con moita expectación e ilusión.
Comments