"FATIMA" EN CINENSINO
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O vindeiro xoves 4, os alumnos de 1º e 2º da ESO visionarán a película "FATIMA" dentro do programa CINENSINO.
Fatima vive soa coas súas dúas fillas: Souad, adolescente rebelde de 15 anos, e Nesrine, que, con 18 anos, comeza os seus estudos de medicina. Fatima non domina o francés e víveo como unha frustración na relación cotiá coas súas fillas. As dúas fillas son o seu maior orgullo, o seu motor e a súa inquietude. Co fin de ofrecerlles o mellor futuro posible, Fatima traballa como señora da limpeza con quendas de traballo pouco convencionais. Un día, cae polas escaleiras. Durante o seu paro laboral, Fatima empeza a escribir en árabe o que non puido dicir en francés ás súas fillas até ese momento.

Comments