FARO DE VIGO VISITA O COLEXIO
- Colexio Possumus
- 20 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Durante este curso académico, o Colexio Possumus participa na II Edición de Faro da Escola. Faro da Escola é un novo proxecto editorial de Faro de Vigo e Club Faro que pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos da cidade.
A importancia da información e o xeito de facer xornais en diferentes soportes, son os eixos centrais deste proxecto. O proxecto propón aos centros educativos a realización dun xornal. Para familiarizar aos alumnos/as coa redacción de noticias, maquetación e os diferentes procesos necesarios para a elaboración de xornais, varios representantes de Faro de Vigo realizaronn unha clase formativa no colexio o pasado 15 de novembro.

Comments