ENTREGA DE DIPLOMAS AOS "XOIEIROS" DO POSSUMUS
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O vindeiro xoves 1 de xuño, os alumnos do colexio que participaron no Obradoiro de Xoiería Solidaria asisitirán á ceremonia que se celebrará no Antigo Reitorado de Vigo ás 17:00 horas para recibir un diploma pola súa entrega na fabricacións das xoias solidarias.
O acto está organizado pola Escola de Xoiería, que foi partícipe, no noso colexio, deste Proxecto Solidario. Queremos agradecer, dende aquí, a labor altruista de Carlos Pereira e os seus alumnos, que se implicaron con enormemente na elaboración das xoias. Do mesmo xeito, agradecer aos pais/nais dos "xoieiros" a súa colaboración neste proxecto.

Comments