DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase en todo o mundo cada 3 de decembro. No Colexio Possumus co obxectivo de sensibilizar ao alumnado coa inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, levamos a cabo unha xornada de charlas para todos os cursos dende 1º de Educación Primaria ata 1º da Educación Secundaria.
Esta xornada ten como obxectivo dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional e concienciar aos alumnos na importancia da accesibilidade destas persoas no entorno físico, social, cultural e educativo para lograr a igualdade de dereitos.
Queremos que a concienciación do noso alumnado na igualdade de oportunidades e na integración sexa todo o ano, non só este día conmemorativo, polo que seguiremos levando a cabo durante todo o curso, actividades orientadas a visibilizar as capacidades destas persoas, eliminando estereotipos e prexuízos que aínda existen na sociedade.

Comments