top of page

CONTIGO ATA A FIN DO MUNDO

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 20 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

O pasado luns día 7 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, tiveron o pracer de recibir nas aulas a Antonio Túñez e ao seu can guía (Koke), para demostrarnos o gran lazo que lles une.

Antonio foi inspector de Vitrasa, posteriormente profesor de autoescola e mesmo formou a un gran número marines da ETEA para que conseguisen o carné de conducir. No ano 2002 foi perdendo visión ata quedar completamente cego. Desde esa data tivo que superar moitos obstáculos para poder adaptarse á sociedade.

En relación ao noso Proxecto Dar Vida... aos animais, temos que dicir que nesta ocasión son os animais os que dan vida ás persoas, facendo que a súa incapacidade sexa máis levadeira e proporcionando algo máis que axuda, amizade! Que gran lección recibimos todos!!

Moitas grazas a Antonio e a Koke por compartir con nos as súas experiencias!


Comentários


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page