top of page

CONECTAMOS BEN?

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 20 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

O pasado 24 de outubro os alumnos e alumnas de 4º curso de ESO, xunto con outros catro centros de Vigo na mesma quenda, acudiron ao Auditorio Municipal para participar no obradoiro “CONECTAMOS BEN?” organizado polo concello, unha actividade que o colexio enmarca tamén no proxecto de centro “DAR VIDA… ÁS PERSOAS”.

Co obxecto de previr a violencia sexista na mocidade a psicóloga Yanire Fernández departíu co alumnado sobre os estereotipos do amor, apoiándose en lemas (“o amor real: sae dos contos”), cancións, imaxes e videos das redes sociais ou mesmo de películas, contribuíndo a desmitificalos con rigor e doses de humor que captaron a atención dos mozos e mozas. Un coloquio final puxo a guinda a un obradoiro que seguro contribuíu a que os alumnos e alumnas vaian tomando conciencia sobre a realidade das relacións afectivas baseadas no respecto e na igualdade.



Comments


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page