CONCERTO PARA FAMILIAS
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O músico compostelán PACO NOGUEIRAS actuará no colexio POSSUMUS co seu espectáculo BRINCA VAI! o vindeiro venres 12 de maio ás 17:00 horas. Trátase dun concerto aberto a todas as familias, e dirixido de xeito especial aos pais e nais que queiran acudir a disfrutar cos seus fillos das cancións e da música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!.
O concerto, promovido polo colexio en colaboración coa ANPA, enmárcasse dentro do proxecto de centro DAR VIDA, e servirá tamén para presentar a canción que dará pe á grabación dun video clip moi especial.
Prégase aos interesados en asistir contacten co centro chamando en horario de mañán ao teléfono 986 371 330, a fin de confirmar asistencia para non rebasar aforo.
NOTA: En caso de choiva aprazaríase, polo cal pregámoslle permañeza atento á web do centro onde se comunicará calquera novidade a este respecto.

Comentarios