top of page

CHANO RODRÍGUEZ, ESPÍRITO DE SUPERACIÓN

  • Foto del escritor: Colexio Possumus
    Colexio Possumus
  • 21 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

Enmarcado no proxecto DAR VIDA, o pasado 21 de novembro, visitou o noso centro o medallista paralímpico CHANO RODRÍGUEZ, quen daparteu durante unha mañán, primeiro co alumnado de Educación Secundaria, e logo coa de Educación Pirmaria, nun encontro marcado pola experiencia vital deste deportista que acumula 16 medallas na disciplina de natación. Un CHANO RODRÍGUEZ que, partindo dun par de pequenos vídeos, alentou aos mozos e aos nenos nos retos persoais ante a vida, empezando polos estudios á hora de superar o curso, e remarcando tamén a importancia, que para esa labor tiña -como para el nos retos deportivos- dunha alimentación sá e equilibrada. Os rapaces escoitárono admirados polo seu espíritu de superación e a vitalidade que transmitía en cada resposta ás preguntas que lle facían. Ao remate os alumnos de Educación Secundaria, como cando fai dous anos estivera aquí, agasallárono co recitado dun poema por parte de todos, agasallo que o propio Chano Rodríguez quixo levarse no peto enmardado no seu teléfono co que grabou o momento en lembranza do seu paso por un colexio que loubou pola calor con que o recibían, cada vez que ven, tanto os alumnos coma os mestres.

ree

Comentarios


© 2018 por CPR PLURILINGÜE POSSUMUS. 

bottom of page