A ONG ASDEGAL ACHÉGANOS AO SEU PROXECTO SOLIDARIO
- Colexio Possumus
- 21 ene 2020
- 1 Min. de lectura
O venres 31 de marzo visitará o Colexio, Pedro Alberto Sánchez, voluntario da ONG ASDEGAL, para explicar a 5º e 6º de Educación Primaria o Proxecto solidario que leva a cabo esta ONG e a súa contribución para crear unha sociedade máis xusta e humana.
Á charla asistirán tamén todos os alumnos que voluntariamente participan no Obradoiro de Xoiería Solidaria os luns pola tarde co obxectivo de recadar fondos para comprar material escolar aos nenos en risco de exclusión social que reciben apoio educativo por voluntarios como Pedro.

Comentários