A FAMILIA BÉLIER
- Colexio Possumus
- 25 nov 2018
- 1 Min. de lectura
Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron a proxección da película A FAMILIA BÉLIER, no Cine Teatro Salesianos, dentro do Programa de Educación en Valores (CINENSINO).
A película do ano 2014 de Eric Lartigau é unha comedia francobelga que introduce elementos de certa profundidade social e psicolóxica, tratando temas coma os desafíos cos que se enfrontan as persoas con discapacidade, o contraste entre a vida rural e a vida urbana, ou o paso da adolescencia á idade adulta. Pero ante todo é unha película sobre a superación das barreiras físicas e discriminatorias: á valentía de non diciri nunca "non podo".

Comments